Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29544

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 16 de xullo de 2020 de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (código de procedemento BS213D).

A través da Resolución do 30 de decembro de 2019, pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (código de procedemento BS213D), convocouse o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no Centro de Reeducación Concepción Arenal, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

Con data do 13 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 9 de xullo de 2020 pola que se modifica esa Resolución do 30 de decembro de 2019.

O número décimo cuarto do anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019 establece que a resolución do procedemento se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 16 de xullo de 2020, ditada no procedemento BS213D, de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 16 de xullo de 2020, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do convenio coa entidade seleccionada, de acordo co modelo previsto no anexo IV. A data límite de sinatura do convenio será o 1 de setembro de 2020.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2020

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

«Resolución do 16 de xullo de 2020, ditada no procedemento BS213D, pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña).

A través da Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña), convocouse o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no Centro de Reeducación Concepción Arenal, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

O día 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. A disposición adicional terceira do devandito real decreto determina que se suspenden os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, se é o caso, as súas prórrogas.

No momento da suspensión, o presente procedemento, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co establecido no ordinal cuarto do anexo I da resolución de convocatoria, examinada a documentación e verificada a súa adecuación, entrou en fase de baremación.

Mediante a Resolución da Consellería do 30 de abril de 2020, logo de acordo favorable do Consello da Xunta de Galicia do 24 de abril de 2020, para os efectos de garantir o funcionamento básico dos servizos públicos e protexer o interese xeral, acordouse a modificación e prórroga do convenio vixente, e manter a suspensión do procedemento de selección.

O día 23 de maio de 2020 publícase no Boletín Oficial del Estado número 145 o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma decretado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria orixinada polo COVID-19. De conformidade co disposto no seu artigo 9, restablécese o cómputo dos prazos administrativos suspendidos desde o 1 de xuño de 2020 e, en virtude da súa disposición derrogatoria única, queda derrogada a disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, con efectos desde o 1 de xuño de 2020. Deste xeito, o 1 de xuño de 2020 retómase o prazo para resolver este procedemento, que se iniciou coa publicación da convocatoria o 24 de xaneiro 2020 e foi obxecto de suspensión o 14 de marzo de 2020, por mor da declaración do estado de alarma.

Con data do 13 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 9 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2019.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as devanditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña), a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e do baremo do punto décimo primeiro do anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019:

de expediente

Entidade

NIF

Calidade da

asistencia e da intervención

proposta

Medios persoais dispoñibles

Experiencia profesional

Importe da cantidade xustificada

Total

BS213D-1

Fundación Camiña Social

G27381797

32,35

16

5

20

73,35

Segundo. Asinar o convenio coa entidade seleccionada con data límite do 1 de setembro de 2020.

Terceiro. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no número décimo cuarto da Resolución do 30 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2020. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social».