Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 55/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 55/2020, seguido por instancia de Fremap, mutua colaboradora da Seguridade Social número 61, contra Rayosil Electricidad, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre execución de sentenza número 124/2020 con data do 11 de marzo, se ditaron auto despachando execución e decreto de embargo, ambos os dous con data do 23 de xuño de 2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Rayosil Electricidad, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza