Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 42/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 42/2020, seguido por instancia de Libia Marcela Molina Páez contra Vietnan Coruña, S.L., Vietnan Europa, S.L. e Nguyen Xuan Ninh, sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto despachando execución e decreto de embargo con data do 6 de xullo de 2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres (3) días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Vietnan Coruña, S.L., Vietnan Europa, S.L. e Nguyen Xuan Ninh, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza