Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de modificación de usos urbanísticos en parcelas municipais.

Modificación de usos urbanísticos nas parcelas municipais: nave municipal do Senpa e parcelas S-2 e D-1 do parque empresarial.

Por acordo plenario con data do 15 de xuño de 2020 adoptouse o acordo de cambiar o uso urbanístico das seguintes parcelas municipais dotacionais en aplicación do disposto no artigo 42.5 da Lei do solo de Galicia:

Parcela nave municipal do Senpa (referencia catastral: 9615118NH8891N0001HB):

Cambio de uso específico deste equipamento de xeito que o uso dotacional xa admitido pola ordenanza de aplicación se estenda ao seguinte:

Dotacional: todos os graos.

Parcela S-2: dotacional de equipamento social. Parque empresarial (referencia catastral: 7221923NH8872S0001KF):

Elimínanse os usos admitidos de «restaurantes, bares e hoteleiro» impropios das dotacións segundo a lexislación actual, mantendo os restantes e incorporando como usos admitidos os seguintes, dos recollidos no anexo I do Decreto 143/2016 RLSG:

Servizos urbanos: aqueles que inclúen o conxunto de redes, instalacións e espazos asociados, destinados á prestación de servizos urbanísticos, como son os de captación, almacenamento, tratamento e distribución de auga, saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, recollida, depósito e tratamento de residuos, subministración de gas, enerxía eléctrica, telecomunicacións e demais servizos esenciais ou de interese xeral (anexo I, punto 3.4.b) do RLSG).

Servizos públicos: aqueles que comprenden instalacións relacionadas con servizos públicos como protección civil, seguridade cidadá, cemiterios, prazas de abastos e outros análogos (anexo I, punto 3.4.d).6º do RLSG).

Parcela D-1: dotacional de parque deportivo. Parque empresarial (referencia catastral: 7221924NH8872S0001RF):

Mantense o uso existente propio do equipamento e incorpóranse como usos admitidos os seguintes, dos recollidos no anexo I do Decreto 143/2016 RLSG:

Servizos urbanos: aqueles que inclúen o conxunto de redes, instalacións e espazos asociados, destinados á prestación de servizos urbanísticos, como son os de captación, almacenamento, tratamento e distribución de auga, saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, recollida, depósito e tratamento de residuos, subministración de gas, enerxía eléctrica, telecomunicacións e demais servizos esenciais ou de interese xeral (anexo I, punto 3.4.b) do RLSG).

Servizos públicos: aqueles que comprenden instalacións relacionadas con servizos públicos como protección civil, seguridade cidadá, cemiterios, prazas de abastos e outros análogos (anexo I, punto 3.4.d).6º do RLSG).

Guitiriz, 2 de xullo de 2020

Marisol Morandeira Morandeira
Alcaldesa