Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 8 de xullo de 2020 polo que se notifica a resolución do recurso de reposición do 19 de xuño de 2020, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de reposición do 19 de xuño de 2020, polo que se procede á súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia sitas na estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020

O/A director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro,
DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Expediente: recurso de reposición.

DNI: 33143126B.

Acto de notificación: resolución.