Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de xullo de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se citan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de reclamación de danos e perdas no dominio público viario autonómico 82/2019-CO e catro máis.

Este anuncio é publicado despois de intentar, sen éxito, a notificación, en papel, a través do servizo de Correos ou electronicamente, cando este último é o medio obrigatorio ou o elixido pola persoa interesada, de acordo co disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), en relación co artigo 14 da mesma lei.

De conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, o acto administrativo, que se indica no expediente de reclamación de danos e perdas ao dominio público viario autonómico (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia; DOG núm. 132, do 12 de xullo), é notificado ás persoas relacionadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as ditas persoas interesadas, se desexan coñecer o contido íntegro do acto e examinar o resto da documentación, que se encontra no expediente, deberán comparecer:

No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.

A Coruña, 3 de xullo de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Acto notificado

Estrada

82/2019-CO

A47044110

Acordo de inicio

AC-552, A Coruña-Cee

124/2019-CO

B15962467

Acordo de inicio

AC-162, Sada-Bergondo

132/2019-CO

B15370612

Acordo de inicio

AG-64, Ferrol-Vilalba

133/2019-CO

32547443M

Resolución

AC-116, Catabois-Valdoviño

42/2020-CO

45870464T

Acordo de inicio

AC-453, Roxos-Portomouro