Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento do servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada M.20006-Construción dunha rede de puntos de microabastecemento público (fontes naturais con tratamento de potabilización) ao longo do Camiño Inglés, no marco do proxecto Life16 ENV/ES/000533 Water Way.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato:

Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada M.20006-Construción dunha rede de puntos de microabastecemento público (fontes naturais con tratamento de potabilización) ao longo do Camiño Inglés, no marco do proxecto Life16 ENV/ES/000533 Water Way.

Clave do expediente: GA.20039.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base. Importe neto: 2.231,25 euros. Importe total: 2.699,81 euros.

Prazo de execución: 1 mes.

Importe da adxudicación. Importe neto: 1.400,70 euros. Importe total: 1.694,85 euros.

Empresa contratista: Ingeniería, Medio Ambiente y Prevención del Noroeste, S.L.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2 cofinanciarase coa contribución do instrumento financeiro Life da Unión Europea, que poderá alcanzar ata a porcentaxe máxima do 50 % dos gastos do proxecto, a través dos fondos Life Ambiente e Eficiencia no Uso dos Recursos.

O programa Life é o instrumento da Unión Europea para o desenvolvemento de accións sobre o ambiente e o clima, coa finalidade de proporcionar solucións e melloras prácticas para «vivir ben, respectando os límites do noso planeta».

Na dita liña de ecoinnovación, o obxectivo do proxecto Life Water Way é sinxelo: dotar de abastecemento de auga potable o Camiño Inglés, como exemplo de mitigación dos impactos ambientais derivados do consumo de auga embotellada nas sendas naturais e itinerarios culturais europeos.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia