Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento da obra de construción dunha rede de puntos de microabastecemento público (fontes naturais con tratamento de potabilización) ao longo do Camiño Inglés, no marco do proxecto Life16 ENV/ES/000533 Water Way.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato:

Título: construción dunha rede de puntos de microabastecemento público (fontes naturais con tratamento de potabilización) ao longo do Camiño Inglés, no marco do proxecto Life16 ENV/ES/000533 Water Way.

Clave do expediente: M20006.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232100-3 (obras auxiliares para tubaxes de auga).

Orzamento base. Importe neto: 30.328,89 euros. Importe total: 36.697,96 euros.

Prazo de execución: 1 mes.

Importe da adxudicación. Importe neto: 30.328,89 euros. Importe total: 36.697,96 euros.

Empresa contratista: Vázquez y Reino, S.L.

3) Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) cofinanciarase coa contribución do instrumento financeiro Life da Unión Europea, que poderá alcanzar ata a porcentaxe máxima do 50 % dos gastos do proxecto, a través dos fondos Life Ambiente e Eficiencia no Uso dos Recursos.

O programa Life é o instrumento da Unión Europea para o desenvolvemento de accións sobre o ambiente e o clima, coa finalidade de proporcionar solucións e melloras prácticas para «vivir ben, respectando os límites do noso planeta».

Na dita liña de ecoinnovación, o obxectivo do proxecto Life Water Way é sinxelo: dotar de abastecemento de auga potable o Camiño Inglés, como exemplo de mitigación dos impactos ambientais derivados do consumo de auga embotellada nas sendas naturais e itinerarios culturais europeos.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia