Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29005

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2020 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 30 de xullo de 2019.

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que quedará configurado consonte o anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

Código RUCT: 4314355.

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: semipresencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

21

Prácticas externas OB

6

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Estudos ingleses e medios de comunicación

Obrigatorio

3

Materias obrigatorias

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Obrigatorio

3

Inglés para fins específicos

Obrigatorio

3

Perspectivas transculturais no ámbito anglófono

Obrigatorio

3

Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa

Obrigatorio

4,5

Modelos de interpretación literario-cultural nos países de fala inglesa

Obrigatorio

4,5

Variación e cambio na lingua inglesa

Optativo

3

Lingua e Lingüística Inglesas

Lingüística informática e de corpus aplicadas á lingua inglesa

Optativo

3

Cognición e procesos cognitivos na lingua inglesa

Optativo

3

Lingüística contrastiva aplicada á lingua inglesa

Optativo

3

Pragmática e análise do discurso en lingua inglesa

Optativo

3

Adquisición e ensino do inglés

Optativo

3

Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa

Optativo

3

Literatura e diversidade cultural no ámbito anglófono

Optativo

3

Literaturas e Culturas do Ámbito Anglófono

Movementos literarios e culturais dos países de fala inglesa

Optativo

3

Literatura e perspectivas de xénero no ámbito anglófono

Optativo

3

Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa

Optativo

3

Xéneros e modos literarios en lingua inglesa

Optativo

3

Negociacións textuais e culturais nos países de fala inglesa

Optativo

3

Métodos e recursos de investigación literario-cultural no ámbito anglófono

Optativo

3

Prácticum

Obrigatorio

6

Traballo fin de máster e prácticas externas

Traballo fin de máster

Obrigatorio

12

Especialidades:

O mestrado ten dúas especialidades:

– Especialidade en Lingua e Lingüística Inglesa.

– Especialidade en Literaturas e Culturas do Ámbito Anglófono.

Para obter a titulación, o estudante deberá cursar obrigatoriamente unha das dúas especialidades. Para iso deberá superar os 21 créditos de que consta o módulo da especialidade en que se matriculase.