Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29008

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento Nutrenvigen G+D Factors.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 21 de abril de 2020 (publicado no BOE do 13 de maio, por Resolución do secretario xeral de Universidades do 8 de maio de 2020).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento Nutrenvigen G+D Factors pola Universidade de Cantabria, a Universidade de Granada, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Zaragoza e a Universidade Rovira i Virgili.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento Nutrenvigen G+D Factors

Código RUCT: 4316885.

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.

Universidades participantes: a Universidade de Cantabria (coordinadora), a Universidade de Granada, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Zaragoza e a Universidade Rovira i Virgili.

Modalidade de impartición: a distancia.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

15

Optativas

21

Prácticas externas OB

9

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Introdución á xenética e xenómica humanas. Xenética do crecemento e desenvolvemento humano

Optativo

3

Xenética e Terapias Avanzadas no Diagnóstico e Tratamento en Pediatría

Nutrixenómica e xenómica funcional aplicada á investigación en nutrición materno-infantil

Optativo

3

Tecnoloxías ómicas, terapias avanzadas e innovación na investigación en nutrición materno-infantil e xuvenil

Optativo

4

Programación precoz da saúde e a enfermidade

Obrigatorio

6

Estilos de Vida, Nutrición e Metabolismo Infantil e Xuvenil

Microbiota na saúde e a enfermidade

Optativo

5

Nutrición infantil e inmunidade na infancia

Optativo

3

Cronobioloxía e crononutrición durante o desenvolvemento

Optativo

3

Nutrición do neno e adolescente sans

Optativo

6

Nutrición do neno e adolescente enfermos

Optativo

5

Metabolismo infanto-xuvenil

Optativo

4

Actividade e condicións físicas e gasto enerxético en nenos e adolescentes

Optativo

3

Patróns alimentarios no neno e adolescente. Dietas saudables: mediterránea e atlántica

Optativo

6

Impacto de factores infecciosos e tóxicos na orixe das enfermidades

Optativo

4

Nutrición e hábitos de vida no neno oncolóxico

Optativo

3

Valoración da composición corporal e exploración do estado nutricional no neno san e enfermo

Optativo

4

Crecemento e Desenvolvemento Humano

Crecemento normal e patolóxico

Optativo

4

Neurodesenvolvemento normal e patolóxico

Optativo

5

Estatística I: tratamento e análise de datos mediante un paquete informático

Obrigatorio

3

Metodoloxía da Investigación

Metodoloxía da investigación

Obrigatorio

6

Estatística II: métodos avanzados

Optativo

3

Epidemioloxía xenética, clínica e poboacional

Optativo

3

Medicina baseada na evidencia

Optativo

3

Prácticas externas

Obrigatorio

9

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

Obrigatorio

15