Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o propietario da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución, pola que se modifica o acordo de concentración da dita zona, que lle afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias desde servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 7 de xullo de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración

76333214D

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)