Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de documentación respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Catoira (Catoira-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (avda. María Victoria Moreno, 43, 2º, Pontevedra, teléfono 986 80 54 48), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación, advertíndoselle que, conforme o artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no antedito prazo se terá por desistido da súa petición.

Pontevedra, 3 de xullo de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

R-33

35460494X

Requirimento de documentación

R-436

35398177G

Requirimento de documentación

R-440

40370865T

Requirimento de documentación

R-441

35435757W

Requirimento de documentación

R-446

76851671T

Requirimento de documentación

R-457

35340678M

Requirimento de documentación

R-477

35385789J

Requirimento de documentación

R-484

76845263D

Requirimento de documentación

R-482

35390781Z

Requirimento de documentación