Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, procedemento abreviado 145/2020.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 145/2020 (procedemento abreviado) de Raquel Merayo Faba contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 94, do 20 de maio).

Categoría: enfermeiro/a.

Acceso: libre.

Ámbito: distrito sanitario de Vigo.

Epígrafe: experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos