Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de xullo de 2020, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 32-BONAL-035/2018 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos adoptounos o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 13 de xullo de 2020

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

32-BONAL-035/2018

12237718Q

Resolución de perda do dereito á subvención do programa de Bono de Alugueiro

32-BONAL-011/2019

34989508E

Resolución de perda do dereito á subvención do programa de Bono de Alugueiro