Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 21 de xullo de 2020 Páx. 28931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 2 de xullo de 2020, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00289-O-2020 e tres máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-00289-O-2020 e de tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 2 de xullo de 2020

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

PO-00289-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

O inadecuado funcionamento, imputable ao/á transportista, do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos.

28.11.2019; 10.16.00; AP-9; 137,542

Art. 140.33 LOTT Art. 197.38 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.g) ROTT

1.001 euros

PO-00290-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

Utilizar a tarxeta doutro/a condutor/a ou unha folla de rexistro con nome ou apelido diferentes aos do/da condutor/a.

28.11.2019; 10.16.00; AP-9; 137,542

Art. 197.24 ROTT Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.h) ROTT

2.001 euros

PO-00292-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

28.11.2019; 10.16.00; AP-9; 137,542

Art. 140.1 LOTT Art. 197.1 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-00294-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.

28.11.2019; 10.16.00; AP-9; 137,542

Art. 140.18 LOTT Art. 197.19 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.h) ROTT

2.001 euros