Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28716

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO (PO 117/2017).

José Luis Rodríguez Jácome, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño, polo presente expide a seguinte:

Neste órgano xudicial, no procedemento de referencia declarativo 117/2017 ditouse a Sentenza número 39/2019, do 15 de abril de 2019, cuxo texto íntegro poderá consultarse na sección civil deste xulgado. Contra a devandita sentenza cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde a súa notificación.

Conforme o sinalado na Lei de axuizamento civil, no artigo 497, e a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, fíxase para tal efecto este edicto no taboleiro de anuncios do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, para a súa notificación ao demandado e edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

E encontrándose o devandito demandado, Roberto Casas Cerdeira, DNI 76722969Y, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

O Carballiño, 12 de febreiro de 2020

O letrado da Administración de xustiza