Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28715

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (1047/2016).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente edicto anuncio que neste procedemento de xuízo verbal número 1047/2016-C, seguido por instancia de Soluciones para el Acceso Norte, S.L. fronte a Metalcambre, S.L. ditouse sentenza.

E encontrándose a devandita entidade demandada, Metalcambre, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma ao administrador da devandita entidade, facéndolle saber que ten a devandita resolución á súa disposición nesta oficina xudicial.

A Coruña, 12 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza