Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 20 de xullo de 2020 Páx. 28733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 13/2020 e un máis.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás empresas que abaixo se citan as resolucións ditadas en expedientes sancionadores por infracción na orde social (materia relacións laborais), devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpor un recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

As interesadas, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselles que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberán aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 13/2020 (acta de infracción I272019000034285).

Data da resolución: 15 de xuño de 2020.

Empresa: Janeiro Gómez, José Manuel.

Enderezo: avda. da Coruña 405, 1º, 27003 Lugo.

Expediente: 36/2020 (acta de infracción I272019000037218).

Data da resolución: 15 de xuño de 2020.

Empresa: Couso Fernández, Víctor Manuel.

Enderezo: rúa Xenebro, 8, baixo, 27003 Lugo.

Lugo, 1 de xullo de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo