Intentada a notificación da resolución de arquivamento da solicitude de expedición dun certificado de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios á persoa interesada que se especifica no anexo, e ao non ser posible a súa práctica a través do servizo de Correos, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias do Servizo de Administración Industrial da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, rúa de Avelino Pousa Antelo, 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
PCI-2019-136 |
Pablo Gómez Salgado |
Resolución de arquivamento da solicitude de expedición dun certificado de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios. |