Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28629

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 8, que se desenvolve en solo urbano non consolidado do polígono 47632, parcelas 01, 02, 03, 04, 05, 06, 07, 08, 09, 10, 11 e 12 do catastro de Malpica de Bergantiños, na Camuza.

A Xunta de Goberno do Concello de Malpica de Bergantiños, en sesión do 22 de maio de 2020, aprobou inicialmente o Plan de reforma interior que se desenvolve no solo urbano non consolidado do polígono 47632, parcelas 01, 02, 03, 04, 05, 06, 07, 08, 09, 10, 11 e 12 do catastro de Malpica de Bergantiños, na Camuza.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro (Regulamento da Lei de solo de Galicia), se somete a información pública polo prazo de dous (2) meses contados desde a publicación no DOG. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica (Portal de transparencia) do Concello de Malpica de Bergantiños (sede.malpicadebergantinos.es).

Durante o citado periodo quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo no concello ou obter copias para que se presenten as alegacións que se estimen pertinentes.

Segundo o previsto nos artigos 47 da Lei do solo de Galicia (LSG) e 86 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG), suspéndese o outorgamento de licenzas no ámbito do polígono 47632, parcelas 01, 02, 03, 04, 05, 06, 07, 08, 09, 10, 11 e 12 do catastro de Malpica de Bergantiños, na Camuza durante o prazo de dous (2) anos contados desde a aprobación inicial, extinguindose, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Malpica, 19 de xuño 2020

Walter Pardo Añón
Alcalde