Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (772/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe certifico que neste xulgado se seguen autos número 772/2017, por instancia de Ramiro Ferro Suárez e José Antonio Calvete contra a empresa Hércules de Armamento, S.L., sobre reclamación de cantidade, en que se ditou sentenza con data 3.3.2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Ramiro Ferro Suárez e José Antonio Calvete Pereira fronte á empresa Hércules de Armamento, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Hércules de Armamento, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Ramiro Ferro Suárez, a cantidade de dezasete mil catrocentos dous euros con setenta e sete céntimos de euro (17.402,77 euros).

• A José Antonio Calvete Pereira, a cantidade de dezaoito mil trescentos trinta euros con noventa e oito céntimos de euro (18.330,98 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o que abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hércules de Armamento, S.L., expido e asino o presente edito.

A Coruña, 30 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza