Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28357

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Ciencias da Visión.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 29 de novembro de 2019 (publicado no BOE do 17 de decembro, mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 3 de decembro de 2019), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Ciencias da Visión pola Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Alcalá, a Universidade de Murcia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Valladolid.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Ciencias da Visión

Código RUCT: 4316947.

Rama de coñecemento: ciencias da saúde.

Universidades participantes: a Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Alcalá, a Universidade de Murcia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Valladolid (coordinadora).

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

6

Optativas

24

Traballo fin de máster

30

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

M1. Fundamentos da visión

6

Obrigatorio

Cuadrimestral

Especialidade I en Técnicas en investigación e diagnóstico en ciencias da visión

M2. Metodoloxías de investigación e diagnóstico en ciencias da visión

30

Optativo

Cuadrimestral

Especialidade II en Enfermidades do aparello visual

M3. Biomédica-clínica

33

Optativo

Cuadrimestral

Especialidade III en Óptica visual ou fisiolóxica

M4. Física-óptica

18

Optativo

Cuadrimestral

Especialidade IV en Neurofisioloxía da visión

M5. Neurofisioloxía do sistema visual

15

Optativo

Cuadrimestral

M6. Traballo fin de máster

30

Obrigatorio

Anual

Especialidades:

En caso de optar a unha especialidade, o alumno elixirá un mínimo de 12 ECTS dentro do módulo de especialidade correspondente e poderá escoller o resto de disciplinas ata completar 24 ECTS entre todas as ofertadas. O alumno obterá a titulación do máster en Investigación en Ciencias da Visión sen especialidade se selecciona 24 créditos optativos entre os ofertados en todos os módulos de especialidade sen chegar ao mínimo de 12 ECTS en ningún deles.

Organización de disciplinas:

Por razóns de índole organizativa, a Universidade de Santiago de Compostela reservará para si a posibilidade de variar a relación de disciplinas optativas, así como a de non ofertar algunha delas.

Para ampliar información verbo deste plan de estudos, pódese consultar a páxina web da Universidade de Santiago de Compostela: http://www.usc.es