Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28354

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2020 pola que se adxudican as axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas mediante a Resolución do 31 de decembro de 2019.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 31 de decembro de 2019 (DOG núm. 35, do 20 de febreiro de 2020) estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeu á súa convocatoria para o ano 2020.

Os artigos 3 e 4 desta resolución de convocatoria establecen os requisitos que deben cumprir, respectivamente, os beneficiarios e as unidades mixtas de investigación para poder optar ás axudas.

A Comisión de Selección prevista no artigo 16 das bases reguladoras, reunida o 23 de xuño de 2020, elaborou unha proposta de financiamento das solicitudes por orde decrecente da puntuación acadada, tendo en conta os informes de valoración emitidos polos avaliadores.

No artigo 20 da convocatoria regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Selección seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos nos artigos 17 e 18.

De acordo con isto,

RESOLVO:

Conceder as axudas para a creación e posta en marcha das unidades mixtas de investigación que figuran como anexo a esta resolución por orde decrecente de puntuación, por un importe total de 2.508.759,14 euros, coa seguinte distribución:

Aplicación orzamentaria

Ano 2020

(€)

Ano 2021

(€)

Ano 2022

(€)

Ano 2023

(€)

Total

(€)

09.A3.561A.781.0

2016 00015

165.891,00

882.836,44

960.031,70

500.000,00

2.508.759,14

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: eixe 1, Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, prioridade de investimento 1.2, Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes, obxectivo específico 1.2.3, Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes e actuación CPSO 1.2.3.2, Actividades de investigación e innovación para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos público-privados: centros mixtos de I+D+i.

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 27 da resolución de convocatoria.

Para xustificar a subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 26 da convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo.

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Solicitudes concedidas

Nº de

expediente

Representante UMI

NIF

Integrantes

UMI

Denominación UMI

% de axuda

Feder

Orzamento

subvencionable Subvención

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Total (€)

Aplicación

orzamentaria

IN853A-2020/01

Fundación CTAG

G36871424

CTAG Borgwarner

Emissions Systems Spain, S.L.

GTEST-Novos sistemas de xestión térmica en automoción para a mobilidade sustentable.

30 %

Si

Orzamento total

374.030,00

1.252.855,43

1.316.706,67

635.977,90

3.579.570,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

112.209,00

375.856,63

395.012,00

190.793,37

1.073.871,00

IN853A-2020/03

Fundación CTAG

G36871424

CTAG Grupo Antolín Ingeniería, S.A.

InSAI. Tecnoloxías para a monitorización intelixente do interior do vehículo.

30 %

Si

Orzamento total

143.940,00

786.332,03

907.558,33

400.434,64

2.238.265,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

43.182,00

235.899,61

272.267,50

120.130,39

671.479,50

IN853A-2020/02

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico AIMEN

G36606291

AIMEN GKN Driveline, S.A.

F4ctoria. Intelixencia artificial aplicada á fabricación avanzada de compoñentes de transmisión.

30 %

Si

Orzamento total

35.000,00

903.600,67

975.840,67

630.254,12

2.544.695,46

09.A3.561A.781.0

Subvención

10.500,00

271.080,20

292.752,20

189.076,24

763.408,64