Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 30 de junio de 2020 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na resolución do procedemento de reintegro do expediente 801/15/17/030148 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación á persoa titular do NIF 32614655B nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 24 de febreiro de 2020 se resolveu declarar o reintegro da axuda indebidamente percibida nos expedientes 801/15/17/030148, 802/15/17/030148, 806/15/17/030148 pola cantidade de 107,60 €.

De estar conforme coa liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca núm. ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectuase o pagamento da débeda, iniciarase o procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria de Galicia, de acordo coa normativa vixente.

O expediente atópase, en todo caso, á disposición do interesado, durante un prazo de quince (15) días contado desde a publicación deste anuncio, no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 30 de junio de 2020

O director do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Resolución 9.6.2020)
Marta Forés Lojo
Secretaria do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes: 801/15/17/030148, 802/15/17/030148, 806/15/17/030148.

NIF da persoa interesada: 32614655B.

Acto de notificación: resolución de procedemento de reintegro.