Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 1040 (expediente 9436), situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 17 de xuño de 2020 autorizouse a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 1040 (expediente 9436) dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 2.079,30 m2.

Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de marzo).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Antigos titulares: Carmelo Pintos Vieites e Ramona Oubiña Carro.

Novo titular: Ramón Pintos Oubiña (***4823**).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos no ámbito da acuicultura (expediente PE205B 2014/2-8), por importe de 11.469,00 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006.

Vigo, 18 de xuño de 2020

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo