Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28438

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2020 pola que se notifican as resolucións dos expedientes CED 04/2019, CED 26/2019 e CED 29/2019.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, número 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Advírteselles aos interesados que, contra as resolucións1, que esgotan a vía administrativa, unicamente poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución.

Advírteselle ao interesado que, contra a resolución2, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderá interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020

Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía
de Galicia

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI

1CED 04/2019

Juan Carlos Fernández Rodríguez

***4810**

1CED 26/2019

Javier Rodríguez Alén

***5082**

2CED 29/2019

Javier Rodríguez Alén

***5082**