Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 29 de xuño de 2020, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres XC-00274-O-2020 e catro máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-00274-O-2020 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 29 de xuño de 2020

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

XC-00274-O-2020

7543-JNP

47404266R

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

15.11.2019; 12.30.00; AC234; 12,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT Art. 143.1 LOTT

801 euros

XC-00435-O-2020

0891-KST

32772695H

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

1.11.2019; 8.33.00; AC-14; 2,1

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT Art. 143.1 LOTT

801 euros

XC-00449-O-2020

0759-KXY

47401280M

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

22.11.2019; 11.03.00; AC-552; 58,555

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT Art. 143.1 LOTT

801 euros

XC-00498-O-2020

C-6405-BK

32714478Z

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

28.11.2019; 10.19.00; AC-566; 2,137

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

XC-00602-O-2020

7331-DCS

33840084T

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

19.11.2019; 11.20.00; N-634; 579,0

Art. 199.9 ROTT

Art. 142.8 LOTT

Art. 201b ROTT

Art. 143.1 LOTT

201 euros