Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador PSC/2019/29 por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 16 de xullo de 2019, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade acordou a incoación do procedemento sancionador PSC/2019/29 por infraccións en materia sanitaria.

Tras o intento de efectuar a notificación ao interesado no domicilio coñecido, esta foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación da incoación do procedemento sancionador PSC/2019/29 e ao non poderse efectuar, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e poderase, con carácter potestativo, publicalo previamente no Diario Oficial de Galicia. Poderá consultar o expediente depositado nas dependencias da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios-Servizo de Xestión Xurídico-Administrativo II, situada en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo adoptado.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número do expediente: PSC/2019/29.

Documento de identificación: 33242313E.

Último enderezo coñecido: rúa Santiago León de Caracas, 12, CP 15701 Santiago de Compostela.

Feitos imputados: infracción do artigo 21.3.a), do Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecemento sanitarios.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 6.010,13 €.

Infracción do artigo 36.b).2, da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 8.290,63 €.