Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28207

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 130/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 130/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Marcos Cao contra a empresa Tu Perfume Favorito, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Carolina Marcos Cao contra a empresa Tu Perfume Favorito, S.L., a condénoa a que lle aboe a cantidade de mil seiscentos trinta e sete euros e cincuenta e catro céntimos (1.637,54 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueses esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tu Perfume Favorito, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente resolución para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza