Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28208

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 524/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 524/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Jorge Roldán Pérez contra a empresa Grupo Buchan Rías Baixas, S.L., sobre ordinario, se ditou Sentenza do 23 de xuño de 2020 impugnable en suplicación no prazo de cinco (5) días, a que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Buchan Rías Baixas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza