Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28204

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (557/2020 MRA).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 557/2020 desta sección, seguido por instancia de Alberto Martín Cova Pérez contra Fogasa, Faster Ibérica ETT, S.A., Nortempo ETT, S.L., Iman Temporing ETT, S.L., Eurofirms ETT, S.L.U., Norte Sur, S.L. sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante, contra a sentenza de data 13 de decembro de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, en autos 803/2019, revogamos en parte a sentenza recorrida. E condenamos a entidade Norte-Sur, S.L. a aboar ao demandante en concepto de salarios devindicados e non percibidos, desde o 13 de agosto de 2019 ata o 13 de decembro de 2019, ambos incluídos, a cantidade de cinco mil douscentos setenta euros, con cincuenta e cinco céntimos (5.270,55 euros), mais o 10 % en concepto de xuros. Ratificando a sentenza recorrida nos seus restantes pronunciamentos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza Galicia Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámola, mandámola e asinamola».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nortempo ETT, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza