Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28104

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

DECRETO 100/2020, do 2 de xullo, polo que se modifica a denominación da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.

A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación do artigo 8.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril e a proposta do Consello de Goberno da Universidade de Vigo, co informe favorable do seu Consello Social e do Consello Galego de Universidades, no exercicio das competencias sinaladas na Lei 2/2003, do 22 de maio, e na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, por proposta da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de xullo de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo único

Autorizar a modificación da denominación da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense da Universidade de Vigo, que pasará a denominarse Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de xullo de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional