Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de xuño de 2020 polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.W15.67959 e dous máis.

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución dos expedientes de autorización de clave DH.W15.67959 e dous máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes atópanse á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Clave

DNI/NIE do interesado

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.67959

52452225N

27.3.2020

Favorable

DH.W15.70058

15137318Y

4.6.2020

Favorable

DH.W15.70554

33192082T

4.5.2020

Favorable