Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2020, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Sampaio de Acedre-ampliación no concello de Pantón (expediente 2/2019).

Ante este xurado provincial de montes veciñais en man común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 2/2019.

– Denominación: Sampaio de Acedre (ampliación).

– Concello: Pantón.

– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Acedre.

– Superficie: 1,54 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral da parcela obxecto de clasificación, así como das súas estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Concello

Parcelas estremeiras

27041A058009640000AF

Pantón

Norte

27041A05809005

27041A05800270

Leste

27041A05800160

27041A05800161

27041A05800163

27041A05800165

27041A05800953

27041A05800171

27041A05800173

27041A05800174

27041A05800179

Sur

27041A05800939

27041A05800269

Oeste

27041A05800268

27041A05800266

27041A05800261

27041A05800262

27041A05800265

En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 27.3.2019, e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 29 de xuño de 2020

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

anexo

missing image file