Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública de convenio urbanístico (expediente 2020/A006/000001).

Nas dependencias municipais do Concello de Cambre subscribiuse o 30 de xuño de 2020 o convenio urbanístico de planeamento entre este concello e a entidade Fincela, S.L., propietaria de distintas parcelas situadas no ámbito físico do lugar do Graxal-O Temple lindeiro coa estrada nacional AC-12, antes N-VI, e incluídas na súa maior parte na unidade de execución nº 19 das normas subsidiarias do planeamento de Cambre.

De conformidade co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión da provincia, prazo que comezará a contar desde a última publicación deste anuncio.

Durante o citado prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido e o expediente nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas, logo de cita, e presentar as alegacións que xulguen convenientes.

Cambre, 3 de xullo de 2020

O alcalde
P.D. (R.A. 1323/2019, do 1 de xullo)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras