Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 29 de xuño de 2020, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición de varios establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial de Turismo da Coruña.

A Coruña, 29 de xuño de 2020

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 6.5.2020)
Severino Álvarez Monteserín
Xefe territorial da Coruña da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Copacabana

Jesús Vilacoba Rodríguez

Rúa Xeneral Pardiñas, 6

Santiago de Compostela

Círculo Mercantil

Cafetería Donas, S.L.

Rúa República do Salvador, 30

Santiago de Compostela

La Empanadilla & Co.

La Empanadilla Sabrosa, S.L.

Casas Reales, 21, baixo

Santiago de Compostela

Santa Marta

Alfonso López Silvarrey

Rúa Juan Florez, 109-4º

A Coruña

Viajes Cornemusa-Nautalia Asociados

Tournée Viajes, S.L.

Estrada de Castela, 52

Narón