Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz-Balneario (expediente IN407A 2019/156-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y CIA, S.A.

Domicilio social: rúa Virxe da Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS, CTC Javier Solano.

Situación: Mondariz-Balneario.

Características técnicas: CTC Javier Solano de 100 kVA con RT 20 kV/400 V. Liña de media tensión en cinco tramos:

• LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 311 metros de lonxitude, con entrada no CT O Río e final na cela SM6 en CT proxectado CTC Javier Solano.

• LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 10 metros de lonxitude, con entrada na cela SM6 en CT proxectado CTC Javier Solano e final na arqueta 1 de liña derivación O Río-O Pazo.

• LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 10 metros de lonxitude, con entrada na cela SM6 en CT proxectado CTC Javier Solano e final na arqueta 1 da liña subderivación a Gran Hotel.

• LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 220 metros de lonxitude, con entrada na cela SM6 en CT proxectado CTC Javier Solano e final no CT Hotel Balneario.

• LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 10 metros de lonxitude, con entrada na cela SM6 en CT proxectado CTC Javier Solano e final na arqueta 1 da liña derivación a Palacio del Agua.

As instalacións están situadas no concello de Mondariz-Balneario.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente en dereito.

Pontevedra, 11 de marzo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra