Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27892

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO sobre información pública do Plan de implantación e desenvolvemento de rede de telefonía móbil, tramitado por instancia de Orange Espagne, S.A.U. (expedientes 025/18 e 039/19).

Presentada por Orange Espagne, S.A.U. solicitude de aprobación do plan de implantación e desenvolvemento de rede de telefonía móbil no Concello de Sanxenxo (Pontevedra), de conformidade co disposto no artigo número 8 da ordenanza municipal para a instalación e funcionamento de instalacións de telefonía móbil persoal e outros servizos de telecomunicación e de difusión, expóñense os expedientes 025/18 e 039/19 polo prazo dun mes, para os efectos de que se poida alegar o que se estime oportuno.

A documentación correspondente poderase consultar a través da sede electrónica do Concello de Sanxenxo, introducindo o seguinte CSV: NV265YYXGHSHPOOB ou accedendo ao seu taboleiro de anuncios.

Sanxenxo, 8 de xullo de 2020

Telmo Martín González
Alcalde