Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27891

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial Areal 1.

O Pleno da Corporación Municipal de Lalín, na sesión celebrada o pasado día 29 de maio de 2020, acordou:

1. Desestimar integramente a alegación presentada contra o acordo da Xunta de Goberno Local de aprobación inicial do expediente, do 21 de outubro de 2019, de modificación puntual do Plan parcial Areal 1 para a inclusión do uso dotacional sanitario, de iniciativa particular, promovido pola entidade Carrefour Property, S.L.U., polos motivos expostos nos informes dos técnicos municipais que figuran no expediente, confirmando en todos os seus puntos o dito acordo e o expediente.

2. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial Areal 1 para inclusión do uso dotacional sanitario, de iniciativa particular, promovido pola entidade Carrefour Property, S.L.U., continuando cos trámites correspondentes.

De acordo coa normativa vixente procedarase á selaxe e dilixenciado do dito documento e a realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei do solo de Galicia e no regulamento de desenvolvemento da dita lei.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Lalín, 10 de xuño de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 25.6.2019; BOP nº 129, do 8 de xullo)
María Paz Pérez Asorey
Concelleira delegada de Urbanismo