Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27854

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 190/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 190/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Brea Castro contra Proman Servicios Generales, S.L., Easy Sea East, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020.

Visto o aprazamento acordado no presente procedemento para a celebración de xuízo oral, e a data en que estaba sinalado o xuízo suspendido, e tendo en conta a súa natureza, o número de partes intervenientes, e a duración previsible da vista, así como das demais vistas fixadas para o mesmo día:

De conformidade co sinalado no Acordo da Comisión Permanente do CGPX do 23 de maio de 2020, polo que se alza a partir do 4 de xuño de 2020 a suspensión de prazos e actuacións procesuais –que viña establecida conforme a disposición adicional segunda do Real decreto 463/2020, de declaración do estado de alarma e as súas prórrogas–, e de conformidade co sinalado no Protocolo do 11 de maio de 2020, da Comisión Permanente do CGPX, para a elaboración dos plans de restablecemento da actividade xudicial, e o Protocolo do TSJ de Galicia, aprobado polo Pleno da Sala de Goberno en sesión do 29 de maio de 2020, para a coordinación das axendas de sinalamentos nos órganos xudiciais do ámbito do TSX de Galicia, e tendo en conta as limitacións de capacidade da sede xudicial deste xulgado e da sala de vistas deste xulgado fixadas pola Administración prestacional, así como as necesidades de separación temporal entre os sinalamentos –para os labores de hixienización, ventilación e limpeza das salas, e evitar a superación de capacidade fixados–, e limitacións horarias do uso das salas de vistas, resulta necesario reprogramar e efectuar un novo sinalamento de xuízo oral nas presentes actuacións.

Polos motivos expostos, sinálase para a celebración dos actos de conciliación o 13.10.2020, ás 13.15 horas, e xuízo oral o día 13.10.2020, ás 13.20 horas.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que estivese acordada en autos para a nova data e hora indicadas.

Así mesmo, requírense as partes co fin de que, polo menos con dous días de antelación ao xuízo oral, comuniquen a este xulgado, por correo electrónico (para evitar anticipar as probas e salvagardar o dereito de defensa), as testemuñas e/ou peritos que van concorrer á vista, identificados polo seu nome e apelidos e o seu DNI, co fin de poder realizar as correspondentes actuacións e coordinación co servizo de seguridade da sede xudicial para control de acceso a esta e da capacidade permitida.

Así mesmo, se for parte no procedemento unha Administración ou entidade pública, infórmase de que ten a obriga de remitir o expediente administrativo por LexNet en formato PDF-A, con posibilidade de lector óptico ORC, previamente indexado con hipervínculo, ou de modo telemático ao correo electrónico do xulgado.

E, igualmente, fágase saber ás partes que, co fin de garantir a axilidade das vistas, poden presentar a documental e os informes periciais por vía LexNet previamente ao acto do xuízo oral.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Easy Sea East, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza