Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 13 de xullo de 2020 Páx. 27856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 153/2018).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 153/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Evaristo Corujo Martínez contra Jacobo Motos Rosillo, sobre conta de avogado, se ditaron auto e decreto, con data do 8 de marzo de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Evaristo Corujo Martínez, contra Jacobo Motos Rosillo, parte executada, por importe de 2.178,00 euros en concepto de principal máis outros 200 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC), quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0153 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0153 18. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Jacobo Motos Rosillo pola cantidade de 2.178 euros reclamada en concepto de principal máis 200 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas e, se non paga no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0153 18, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Jacobo Motos Rosillo co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0153 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0153 18. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Jacobo Motos Rosillo, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza