Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27736

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (173/2019).

Nos autos de xuízo verbal 173/2019, seguidos por instancia da procuradora Berta Sobrino Nieto, en nome e representación de Agustín López Muíño, contra Juana Otero Carro, ditouse con data 28.2.2020 sentenza, que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza nº 35/2020.

Xuízo verbal 173/2019.

Betanzos, 28 de febreiro de 2020.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, os autos do xuízo verbal nº 173/2019, en que foron parte demandante Agustín López Muíño, representado pola procuradora Berta Sobrino e asistido polo letrado Alejandro López Sánchez, e parte demandada Juana Otero Carro.

Resolvo:

Que, estimando a demanda presentada pola parte demandante Agustín López Muíño, representado pola procuradora Berta Sobrino, fronte á parte demandada Juana Otero Carro, debo declarar e declaro a adquisición por parte de Agustín López da propiedade do predio catastral 15064B502000350001US por usucapión extraordinaria, e procede declarar a propiedade sobre o devandito predio pertencente a Agustín López Muíño, e inscribir o dominio ao seu favor.

Non hai condena en custas.

Esta resolución é firme e contra esta non cabe recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma á demandada Juana Otero Carro, expídese o presente edicto.

Betanzos, 4 de marzo de 2020

Víctor López Sánchez
Letrado da Administración de xustiza