Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 8 de xullo de 2020 Páx. 27236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Maceda (expediente IN407A 2020/23-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense o día 2.4.2020 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio J. Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do COETICOR, con declaración responsable do 4.4.2020.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A., CIF: A-63222533.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: ampliación de potencia do CT Lamas-Maceda (3591-AT)-ALL807 e da RBT para nova acometida.

Situación: concello de Maceda.

Orzamento: 9.042,24 €.

Características técnicas:

– Ampliación de potencia do CT denominado Lamas (32A544), intemperie, con illamento en aceite mineral, no lugar de Lamas (Maceda), que pasa de 50 a 100 kVA, con r/t: 20.000/400 V.

– Ampliación RBT aero-subterránea de Lamas e condutores tipo XZ1 1×240 e 1×50 AL con orixe no PAS proxectado no apoio existente de tipo HV-400-9, e remate en subterráneo, en CPM de abonado, en parcela 65, pol. 135, lonxitude total 82 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 16 de xuño de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense