Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (PO 958/2018).

María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por medio do presente edicto anuncia que no xuízo ordinario seguido neste Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense co número 958/2018, por instancia de Cafento, S.L.U. fronte a Angela Paula da Graça Castro Oliveira, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Estimar a demanda presentada pola procuradora Sra. Ogando Vázquez, na representación acreditada de Cafento, S.L.U., con CIF B33019688, contra Angela Paula da Graça Castro Oliveira, con NIE Y5077718E, en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada Angela Paula da Graça Castro Oliveira, con NIE Y5077718E:

a) Ao pagamento da cantidade de vinte e dous mil catrocentos cincuenta e nove euros con setenta e oito céntimos de euro (22.459,78 €).

b) Á devolución das máquinas de café que lle foron cedidas en comodato ou préstamo de uso (modelos Diamant 2G Aut. e Stracto Saphire) ou, subsidiariamente, a aboar a cantidade de seis mil setecentos setenta e sete euros (6.777,00 €) en que se valoran as máquinas.

c) Ao aboamento dos xuros de demora do 2 % mensual pactado no contrato.

d) Coa imposición das custas á parte demandada.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que na súa contra poderán interpor recurso de apelación no prazo de vinte (20) días contado desde o día seguinte ao da súa notificación, na forma prevista nos artigos 457 e seguintes da LAC, que resolverá a Audiencia Provincial de Ourense».

E ao estar a dita demandada, Angela Paula da Graça Castro Oliveira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 30 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza