Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Suigrexa, do concello de Moraña.

Unha vez recibido informe favorable sobre a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Suigrexa, do concello de Moraña, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte o lugar de Suigrexa, nº 11, parroquia de Saiáns, concello de Moraña (Pontevedra).

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros, que desexen comparecer, poidan presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade no seguinte enderezo: Suigrexa, nº 11, parroquia de Saiáns, concello de Moraña.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 19 de xuño de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra