Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26784

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para modificacións de alturas nos solos urbanos de uso industrial no termo municipal.

O Pleno corporativo do Concello do Porriño, en sesión ordinaria do 27 de maio de 2020, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para modificación das alturas nos solos urbanos de uso industrial no termo municipal, co seguinte contido:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para modificacións de alturas nos solos urbanos de uso industrial no termo municipal.

2º. Someter o expediente a exposición pública durante un prazo de dous (2) meses mediante publicación no DOG, nun dos xornais de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

3º. Dar traslado do expediente ao servizo provincial de Urbanismo en cumprimento do disposto no artigo 60.7 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de dar audiencia aos municipios limítrofes e solicitar as preceptivas consultas e informes sectoriais autonómicos preceptivos.

4º. Solicitar informe sectorial da Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Fomento».

De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous (2) meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e nun dos periódicos de maior difusión da provincia.

O que se fai público para os efectos do sometemento do expediente a información pública durante o prazo de dous (2) meses.

O Porriño, 8 de xuño de 2020

Pedro Pereira Fernández
Alcalde accidental