Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26702

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio de 2020, cómpre facer as seguintes correccións:

– No punto sexto, onde di: «4. A dirección e coordinación dos procesos para a elaboración das guías docentes no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). 5. A supervisión da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e do Centro de Estudos Propios (CEP). 6. A expedición e sinatura de diplomas e acreditacións dos estudos propios. 7. A promoción de accións orientadas a mellorar a proxección internacional da oferta docente, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional».; debe dicir: «4. A supervisión da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e do Centro de Estudos Propios (CEP). 5. A promoción de accións orientadas a mellorar a proxección internacional da oferta docente, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional».

– No punto oitavo, onde di: «13. A coordinación das accións relacionadas co asociacionismo estudantil, así como a convocatoria e resolución das axudas a este. 14. A xestión do seguro escola».; debe dicir: «13. A coordinación das accións relacionadas co asociacionismo estudantil así como a convocatoria e resolución das axudas a este».

– No punto noveno, onde di: «10. A supervisión do Centro de Linguas Modernas (CLM)».; debe dicir: «10. A supervisión do Centro de Linguas Modernas (CLM). 11. A dirección e coordinación dos procesos para a elaboración das guías docentes no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)».

– No punto décimo terceiro, onde di: «13. O impulso e a coordinación de actuacións en materia de administración electrónica/dixital».; debe dicir: «13. O impulso e a coordinación de actuacións en materia de administración electrónica/dixital. 14. A xestión do seguro escolar».

– No punto IV, onde di: «IV. Delegación en favor dos/das xefes/as de área, servizo e outras unidades administrativas en materia de permisos do persoal de Administración e servizos».; debe dicir: «IV. Delegación en favor dos/das xefes/as de área, servizo e outras unidades organizativas en materia de permisos do persoal de Administración e servizos».

– No punto décimo noveno, onde di: «1. Por falecemento, por accidente ou enfermidade grave dun familiar».; debe dicir: «1. Por falecemento, por accidente, por enfermidade grave ou hospitalización dun familiar».

– No punto vixésimo, onde di: «Os/as xefes/as das unidades terán a obriga de informar sobre os permisos concedidos sempre que así o requira a Xerencia».; debe dicir: «Os/as xefes/as das unidades terán a obriga de informar sobre os permisos concedidos sempre que así o requira a Xerencia. Os responsables das unidades de xestión de centro e departamentos informarán ademais á dirección do centro e á dirección do departamento correspondente».

– No punto vixésimo cuarto, punto 9, onde di: «a) O seu nomeamento ou sinatura do contrato. b) A autorización dos cesamentos e xubilacións».; debe dicir: «a) O seu nomeamento ou sinatura do contrato. b) A autorización dos cesamentos e xubilacións. c) A convocatoria de concursos de acceso e de probas selectivas».