Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme), sito no concello de Ponteceso (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (expediente IN661A 2018/1-1).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de EDP Renovables España, S.L.U. en relación coa declaración de utilidade pública do parque eólico Corme modificación substancial (en diante, o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 15.4.1998, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio resolveu autorizar as instalacións electromecánicas, aprobar o proxecto de execución e recoñecer a condición de instalación acollida ao réxime especial do parque eólico Corme G-3 (número de expediente 1/1997).

O 4.7.2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria autorizou a posta en servizo das instalacións do parque eólico Corme G-3.

Segundo. O 24.1.2017, Desarrollos Eólicos Corme, S.A.U. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da repotenciación do parque eólico Corme G-3, segundo o previsto no Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establecen o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Coa dita solicitude a promotora achegou o anteproxecto de repotenciación, coa súa correspondente memoria ambiental.

Terceiro. O 23.11.2017, EDP Renovables España, S.L.U. solicitou a tramitación do expediente da repotenciación do parque eólico Corme G-3 (en diante, o parque eólico) conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e a declaración de utilidade pública para o parque eólico.

Cuarto. O 11.12.2017, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a transmisión da titularidade de parques eólicos das sociedades Desarrollos Eólicos de Galicia, S.A.U. e Desarrollos Eólicos Corme, S.A.U. (sociedades absorbidas) a favor de EDP Renovables España, S.L.U. (sociedade absorbente), entre as que se atopa o parque eólico.

Quinto. O 29.12.2017, a promotora solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico. O 15.2.2018, o Consello da Xunta de Galicia declarou o proxecto do parque eólico como de interese especial.

Sexto. Mediante o Acordo do 21 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5 de abril de 2018 e no xornal La Voz de Galicia do 3 de abril de 2018. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado (Ponteceso), da xefatura territorial, e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública relativas ao expediente de declaración de utilidade pública do parque eólico:

– Oposición á declaración de utilidade pública, xa que a promotora solicita a expropiación de terreos nos cales xa dispón de contratos de arrendamento e, ademais, non se pode acudir á expropiación sen intentar previamente acadar un acordo cos titulares.

– A promotora pretende a expropiación de novos predios sen achegar unha xustificación sobre a imposibilidade de executar o proxecto sobre aquelas parcelas de que xa dispón.

– A promotora ten subscritos numerosos contratos de arrendamento en vigor coa maioría dos propietarios do actual parque eólico Corme, os cales pretende renegociar e, ante a negativa dos propietarios, solicita ante a Administración a declaración de utilidade pública para que os terreos sexan expropiados. O presuposto da necesidade de ocupación non se produce neste caso, posto que a promotora xa conta coa posesión dos terreos.

– Mencionan diversas sentenzas do Tribunal Supremo sobre supostos similares en que se establece a imposibilidade de declarar a utilidade pública, cando xa existe a plena dispoñibilidade dos terreos, así como a vinculación directa entre a utilidade pública e a necesidade de ocupación.

– Falta de información por parte da empresa ás persoas interesadas, especialmente tendo en conta a idade avanzada de moitas delas.

– Desacordo coas compensacións pola utilización dos predios.

– Con respecto á relación de bens e dereitos afectados (RBDA), estase ocultando a situación xurídica dos terreos afectados, posto que no parque eólico Corme G-3 a promotora xa ten á súa disposición a práctica totalidade dos terreos que se pretende expropiar, e ten subscritos contratos de arrendamento coa maioría dos propietarios. A estes contratos aínda lles quedan varios anos de vixencia (foron subscritos por un período de 25 anos, prorrogables por períodos sucesivos de 10 anos), e a súa finalidade é o desenvolvemento da mesma actividade para a cal se solicita a autorización.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados (RBDA), maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

– Desacordo co prazo do trámite de información pública, posto que se entende que é de aplicación o Decreto 138/2010, do 5 de agosto, o cal establece o prazo dun mes, e non a Lei 8/2009, do 22 de decembro.

– Solicítase un novo trámite de información pública e que se denegue a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial e o estudo de impacto ambiental.

– Na solicitude da promotora non se tivo en conta o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, polo que non se inclúen as afeccións que se establecen nesta lei. Esta cuestión tampouco se tivo en conta nos informes emitidos sobre o impacto ambiental, cultural e turístico.

– Dado que a aplicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, supón o establecemento de limitacións sobre as parcelas que se ven afectadas pola xestión da biomasa, deberíase ter en conta esta circunstancia no proxecto técnico e os propietarios deberían ser incluídos na relación de bens e dereitos afectados (RBDA). Vulnerouse o trámite de audiencia respecto a estes propietarios posto que non foron notificados da información pública.

– Solicitan que se denegue a declaración de utilidade pública e as autorizacións administrativas e que a promotora formule unha nova solicitude adaptando o proxecto á Lei 3/2007, do 9 de abril.

Sétimo. O 22.5.2018, a xefatura territorial informou que a poligonal do parque eólico non se atopa afectada por ningún dereito mineiro vixente.

Oitavo. O 25.6.2018, o Servizo de Montes da Coruña informou que non se prevén afeccións derivadas da execución do proxecto do parque eólico a montes catalogados de utilidade pública, montes veciñais en man común, montes de xestión pública, infraestruturas forestais relevantes, masas de especial valor de frondosas autóctonas, rodais selectos ou parcelas de experimentación.

Noveno. O 26.10.2018, a xefatura territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo. O 23.4.2019, a Asociación de Veciños Eduardo Pondal solicitou que se considerase desistida de todas as alegacións formuladas en relación co expediente de referencia.

Décimo primeiro. O 24.5.2019, publícase no DOG unha corrección do erros do Acordo do 21 de marzo de 2018, da xefatura territorial, en que se corrixe a coordenada Y do aeroxerador CO.6 do P.E. Corme modificación substancial, onde di «4.792.477», debe dicir «4.792.447».

Décimo segundo. O 27.5.2019, a Asociación de Veciños Eduardo Pondal presentou un escrito en que manifestou a súa oposición ao proxecto eólico.

Décimo terceiro. O 12.6.2019, o órgano ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por medio do Anuncio do 14 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (DOG núm. 122, do 28 de xuño).

Décimo cuarto. O 18.7.2019, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe a que fai referencia o artigo 13.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal en relación co proxecto sectorial do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), no cal o dito organismo informa que se seguiron os trámites establecidos no Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

Décimo quinto. Pola Resolución do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ao parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), sito no concello de Ponteceso (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (DOG núm. 204, do 25 de outubro), coa súa corrección de erros da coordenada X do vértice 4 da poligonal do P.E. Corme modificación substancial, onde di «502.225», debe dicir «502.255» (DOG núm. 88, do 8 de maio).

Décimo sexto. Pola Resolución do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de novembro de 2019, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3) como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto (DOG núm. 38, do 26 de febreiro de 2020).

Décimo sétimo. O 18.11.2019, José Ramón Dourado Lema presentou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia na Coruña dous escritos en que solicitou que esta Administración e ao abeiro do disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, declare a caducidade do procedemento da declaración da utilidade pública do parque eólico Corme modificación substancial.

Décimo oitavo. O 19.11.2019, José Ramón Dourado Lema presentou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia na Coruña un escrito de Luis Manuel Moreira Varela e outro de Ángel Santiago Suárez Baneira, en que solicitan que esta Administración e ao abeiro do disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, declare a caducidade do procedemento da declaración da utilidade pública do parque eólico Corme modificación substancial.

Décimo noveno. O 12.2.2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas desestimou as solicitudes de declaración de caducidade do procedemento da declaración da utilidade pública do parque eólico Corme modificación substancial, a que se fai referencia nos dous antecedentes de feito anteriores.

Vixésimo. O 5.12.2019, o 20.1.2020, o 24.2.2020 e o 6.3.2020, como consecuencia das negociacións e acordos acadados con algunhas das persoas afectadas, a promotora actualizou a relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

Vixésimo primeiro. O 23.3.2020, esta dirección xeral requiriulle á promotora unha copia de cada un dos acordos asinados cos propietarios das parcelas que figuraban na publicación no Diario Oficial de Galicia do 5 de abril de 2018 e que se suprimiron na última RBDA presentada o 6.3.2020.

Vixésimo segundo. O 24.3.2020, tivo entrada nesta dirección xeral unha solicitude de certificado por silencio administrativo relativa á declaración de utilidade pública do parque eólico Corme modificación substancial, presentada pola Asociación de Veciños Eduardo Pondal.

Vixésimo terceiro. O 3.4.2020, EDP Renovables España, S.L.U. presentou copia dos acordos requiridos.

Vixésimo cuarto. O 14.4.2020, esta dirección xeral solicitoulle á promotora aclaracións con respecto aos acordos presentados.

Vixésimo quinto. O 17.4.2020, EDP Renovables España, S.L.U. presentou as aclaracións requiridas a que se fai referencia no antecedente de feito anterior.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no artigo 44.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. No que respecta ás alegacións referidas aos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos achegados polas persoas alegantes, relativas á titularidade e ás características dos bens e dereitos afectados, así como á magnitude das afeccións. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento, ...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. Para aquelas parcelas sobre as cales non se acadou acordo coas persoas propietarias, as cales se indican no anexo II desta resolución, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólica e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. En relación co anterior, e en resposta ás alegacións en que se pon de manifesto que se pretende declarar a utilidade pública sobre terreos en que a promotora xa ten subscritos acordos, cómpre manifestar que a promotora acadou acordos para 244 parcelas que se incluíron no anexo do Acordo do 21 de marzo de 2018, da xefatura territorial (DOG núm. 66, do 5 de abril), polo que esta resolución se aplicará á RBDA definitiva indicada no anexo II.

En relación coas alegacións en que se solicita a caducidade do procedemento de declaración de utilidade pública, cómpre manifestar, en primeiro lugar, que a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a correspondente á declaración de utilidade pública non foron simultáneas, tal e como queda acreditado nos antecedentes de feito segundo e terceiro desta resolución.

Por outra parte, a Lei 8/2009, do 22 de decembro, en que se regula o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, regula de forma independente estes procedementos, con excepción do que se refire ao trámite de información pública, para o cal prevé, no seu artigo 33.8, que se efectúe de forma simultánea no caso de que a promotora solicitase a declaración de utilidade pública, en concreto, xunto coas mencionadas autorizacións administrativas.

Tendo en conta estas cuestións, considérase que a normativa de aplicación permite resolver de forma independente os procedementos de autorización administrativa previa e de construción e o de declaración de utilidade pública.

4. No que respecta ao prazo correspondente ao trámite de información pública, cómpre manifestar que a promotora se acolleu á tramitación do expediente do parque eólico, conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, e que o Consello da Xunta de Galicia declarou, o 15.2.2018, o proxecto do parque eólico como de interese especial, para os efectos do establecido na disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Único. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme), sito no concello de Ponteceso (A Coruña), segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO I

Alegacións presentadas durante a tramitación do procedemento:

Manuela Martínez Méndez, o 17.4.2018; Agustín Blanco Blanco, o 18.4.2018; José Figueroa Neira, o 18.4.2018; José Novo Méndez, o 19.4.2018; Rocas Ornamentales Torres de Mens, S.L., o 20.4.2018; Mª Ángeles Martínez Ouréns, o 20.4.2018; Luis García Lema, o 20.4.2018; Axencia Galega de Infraestruturas, o 23.4.2018; Manuel Cousillas Veiga, o 24.4.2018; Josefa Baneira Torrado, o 24.4.2018 e o 27.6.2018; Manuel Varela García, o 26.4.2018; Asociación de Veciños Eduardo Pondal, o 26.4.2018, o 20.9.2018, o 2.10.2018 e o 25.10.2018; Asociación de afectados polos parques eólicos Fonte do Xardín, o 26.4.2018; Jesús Castro Castro, o 27.4.2018; hdros. de Rosa Camiño Méndez, o 27.4.2018; hdros. de Dolores Méndez Ouréns, o 27.4.2018; hdros. de Serafina Alvarellos Nuñel, o 27.4.2018; Perfecto Pose Nuñel, o 27.4.2018; Eliseo Varela Recarey, o 27.4.2018; hdros. de Etelvina Chans Fuentes, o 27.4.2018; Modesto José Martínez Figueiras, o 27.4.2018; Estrella Méndez Puñal, o 27.4.2018; hdros. de Josefa Suárez Lema, o 27.4.2018; Serafina Alvarellos Nuñel, o 27.4.2018; Antonio García Martínez e Manuel García Martínez, o 27.4.2018; María Méndez Ouréns, o 27.4.2018; hdros. de Rosa Méndez Ouréns, o 27.4.2018; hdros. de Perfecto Pose Nuñel, o 27.4.2018; Estrella Méndez Puñal, o 27.4.2018; Josefa Cotelo Ouréns, o 27.4.2018; hdros. de José M. Centeno Doldán, o 27.4.2018; José Doldán Varela e Dolores Álvarez Martínez, o 27.4.2018; hdros. de Serafín Lema Pose, o 27.4.2018; Josefa Chans Camiño, o 27.4.2018; Rafael Varela Chans, o 27.4.2018; Carmen Varela Varela, o 27.4.2018; Josefa Baneira Varela, o 27.4.2018; María Luz Varela Varela, o 27.4.2018; Eduarda Celia Nuñel Pérez, o 27.4.2018; Adolfo Alvarellos Blanco, Jesús Alvarellos Blanco e Manuel Alvarellos Blanco, o 27.4.2018; Carmen Méndez Chans, o 27.4.2018; Ramona Doldán Puñal, o 27.4.2018; Francisco Gómez Doldán, o 27.4.2018; Jesús Martínez Puñal, o 27.4.2018; Estrella Nuñel Méndez e Mª Carmen e Andrea, o 27.4.2018; Jesús Martínez Lema, José Martínez Lema, María Jesús Martínez Lema, Manuel Martínez Lema e Ramón Martínez Lema, o 27.4.2018; Ignacio Cereijo Rial, o 27.4.2018; Dolores García Lorenzo, o 27.4.2018; María Dolores Facal Méndez, o 27.4.2018; Carmen Andrade Villanueva, Celia Villanueva Martelo e outros, o 27.4.2018; María Estrella García Méndez, o 27.4.2018; José Doldán Varela, o 27.4.2018; hdros. de Francisco Carrillo Antelo, o 27.4.2018; Basilio Baña Vila e Erundina Alvarellos Pailos, o 27.4.2018; Andrea Blanco Puñal, María Silvia Blanco Medina e Daniel Blanco Medina, o 27.4.2018; Erundina Alvarellos Pailos, o 27.4.2018; hdros. de José Méndez Méndez, o 27.4.2018; Manuel Méndez Méndez, o 27.4.2018; hdros. de Jesús Méndez Méndez, o 27.4.2018; Estrella Ouréns Torrado, o 27.4.2018; Luis Manuel Moreira Varela, o 27.4.2018; hdros. de Josefa Lema Rey, o 27.4.2018; Josefa Lema Gómez, o 27.4.2018; José Nuñel Blanco, o 27.4.2018; Jesús Cruz Camiño, o 27.4.2018; hdros. de Gervasio García Serantes, o 27.4.2018; hdros. de José Lema Castro, o 27.4.2018; Mª del Carmen Lema Varela, o 27.4.2018; Cecilia Martelo Villanueva, Lucinda Andrade Villanueva e Carmen Andrade Villanueva, o 27.4.2018; hdros. de Carmen Ferreiro Costa, o 27.4.2018; Centeno Souto, o 27.4.2018; Manuel Ouréns Figueira, o 27.4.2018; Irmáns Gómez Collazo, o 27.4.2018; hdros. de José Antonio Ferreiro Centeno, o 27.4.2018; hdros. de Rosa Pasandín Ferreiro, o 27.4.2018; Manuela Cotelo Méndez, o 27.4.2018; Rosa Castro Lema, o 27.4.2018; Manuela Castro Pailos, o 27.4.2018; hdros. de Carmen Chans Camiño, o 27.4.2018; Dolores Lema Gómez, o 27.4.2018; Carmen Camiño Antelo, o 27.4.2018; Áurea Ouréns Saleta, o 27.4.2018; Eduardo José Lema Camiño, o 27.4.2018; M. Rosa Blanco Camiño, o 27.4.2018; hdros. de Manuel Fariña García, o 27.4.2018; Dolores Ouréns Figueira, o 27.4.2018; Avelina Puñal Pailos, o 27.4.2018; Manuel Varela Suárez e Antonio Varela Suárez, o 27.4.2018; Nieves García Álvarez, no nome de hdros. de Gervasio García Serantes, o 3.5.2018; Ignacio Rial Cereijo, o 3.5.2018; Manuel Pose Carneiro, o 3.5.2018; Rosa Méndez López, o 4.9.2018; Jesús Ramón Suárez Torrado, o 4.5.2018; Manuel Enrique Suárez Torrado, o 4.5.2018; Manuel Ferreiro García, no nome de hdros. de Jesusa García Moreira, o 5.5.2018; Emilia Blanco Ferreiro, Perfecto Blanco Ferreiro, Teresa Blanco Ferreiro, Andrea Blanco Puñal, Demetrio Blanco Puñal e Manuel Blanco Puñal, o 5.9.2018; Dolores Ouréns Torrado, o 5.9.2018; Ángela Varela Souto, o 5.9.2018; hdros. de Julio Figueroa Neira, o 5.9.2018; José Mª Cousillas Pailos, o 5.9.2018; Joaquín Pombo Chans, o 5.9.2018; Josefa Ouréns Torrado, o 5.9.2018; José Ouréns Torrado, o 5.9.2018; Manuel Castro Calvo, Jesús Ouréns Calvo, José M. Ouréns Calvo, Josefa Ouréns Calvo, Natalia Ouréns Calvo, Teresa Ouréns Calvo, Manuel V. Ouréns Torrado, Cesareo Ouréns Varela e Serafín Ouréns Varela o 5.9.2018; Manuel Castro Calvo, Jesús Ouréns Calvo, José M. Ouréns Calvo, Josefa Ouréns Calvo, Natalia Ouréns Calvo, Julio Ouréns Calvo, Manuela Ouréns Calvo, o 5.9.2018; Adelaida Centeno Doldán, o 7.5.2018; Teresa Moreira Varela, o 8.5.2018; hdros. de Ramón Torrado Baña, o 10.5.2018; Jesús Puñal Méndez, o 23.8.2018; Manuel Puñal Méndez, o 23.8.2018; BNG de Ponteceso, o 12.11.2018; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, o 13.11.2018; José Ramón Dourado Lema, o 5.12.2018 e o 7.1.2019.

ANEXO II

Relación de bens e dereitos afectados (RBDA)

Parcela

Propietario

Afeccións (m2)

Datos catastrais

Apelidos e nome

Pleno dominio

Serv. de paso

Serv.

voo

Ocup.

temp.

Concello

Pol.

Parc.

Lugar

Cim.

Plat.

Sub.

Vía

Gabia

27

Ponteceso

97

775

Campo

Atordado

Suárez Camiño María

 

 

 

161,49

 

 

 

33

Ponteceso

97

724

Castelo

Torrado Ferreiro Clarisa

 

 

 

95,99

 

 

 

35

Ponteceso

97

612

Castelo

Baneira Camino Josefa, hdros. de

 

 

 

11,49

 

 

 

37

Ponteceso

97

613

Castelo

Baneira Varela Josefa

 

 

 

65,1

 

 

 

48

Ponteceso

97

598

Castelo

Descoñecido

 

 

 

51,5

 

 

 

60

Ponteceso

97

385

Campaíña

Suárez Camiño María

 

 

 

577,26

 

 

 

61

Ponteceso

97

994

Campaíña

Hdros. de Ramón Chans Martínez

 

 

 

200,81

 

 

 

Rpte.: Ramón Chans Bermúdez

62

Ponteceso

97

383

Campaíña

Chans Martínez Dolores

 

 

 

258,59

 

 

 

63

Ponteceso

97

993

Campaíña

Chans Pailos Alicia

 

 

 

50,12

 

 

 

Chans Pailos Mª Carmen

65

Ponteceso

97

349

Ventoseiro

Torrado Ferreiro Josefa, hdros. de

 

 

 

16,32

 

 

 

67

Ponteceso

97

347

Ventoseiro

Nuñel Baneira Jesús, hdros. de

 

 

 

179,58

 

 

7,17

72

Ponteceso

97

339

Das Rosas

Puñal Méndez Manuel

108,1

120,75

 

741,77

50,64

3225,8

14,32

Puñal Méndez Jesús

79

Ponteceso

97

293

Mato Vello

Baneira Varela Josefa

 

993,91

 

896,61

 

206,46

4,41

Suárez Mira Santiago

81

Ponteceso

97

289

Mato Vello

Hdros. de Ramón Chans Martínez

 

 

 

 

 

516,21

 

Rpte.: Ramón Chans Bermúdez

88

Ponteceso

97

263

Mato Vello

Varela Chans María Jesús, hdros. de

 

 

 

 

 

945,11

 

90

Ponteceso

97

297

Rosas

Torrado Baña Josefa

 

 

 

265,28

29,89

 

123,84

93

Ponteceso

97

291

Mato Vello

Baneira Varela Josefa

 

 

 

11,1

8,92

 

29,34

Suárez Mira Santiago

98

Ponteceso

97

357

Chousas Novas

Martínez Méndez Manuela

 

 

 

39,08

8,77

 

27,71

103

Ponteceso

97

362

Chousas Novas

Méndez Ouréns María

 

 

 

164,79

41,53

 

119,73

104

Ponteceso

97

363

Figueiro Longo

Lema Gómez Eduarda, hdros. de

 

 

 

120,59

 

 

 

Lema Castro Modesto, hdros. de

108

Ponteceso

97

145

Mato Redondo

Descoñecido

 

 

 

191,02

30,36

 

93,91

109

Ponteceso

97

146

Curros das Cabras

Puñal Méndez Jesús e Manuel

 

 

 

88,19

13,49

 

43,81

111

Ponteceso

97

148

Mato Redondo

Méndez Suárez Jesús

 

 

 

580,47

84,01

 

262,63

126

Ponteceso

98

181

Xalleira da

Fontenla

Hdros. de Rosa Camiño Méndez

 

 

 

 

14,97

 

76,79

Rpte.: Isabel Chans Camiño

132

Ponteceso

98

191

Fontenla

Torrado Martínez Serafín

 

 

 

 

29,35

 

141,29

142

Ponteceso

98

998

Fontenla

Descoñecido

 

 

 

 

3,47

 

18,33

144

Ponteceso

98

995

Fontenla

Vidal Centeno Jesús, hdros. de

 

 

 

 

2,3

 

12,1

153

Ponteceso

98

195

Fontenla

Baneira Varela Josefa

 

 

 

 

32,58

 

151,85

Suárez Mira Santiago

158

Ponteceso

98

318

Santander

Doldán Fondo Eduarda

 

 

 

54,72

5,84

 

15,94

159

Ponteceso

98

316

Santander

Canto Martínez Ramón

 

 

 

115,57

13,62

 

20,71

160

Ponteceso

98

315

Santander

Ferreiro Montáns Luis

 

 

 

319,06

32,75

 

115,02

González Núñez M. Luz

169

Ponteceso

98

310

Alve

Moreira Varela Luis Manuel

 

 

 

2.061,18

118,48

 

319,8

175

Ponteceso

98

370

Alve

Martínez Méndez Manuela

 

 

 

318,14

28,62

12,97

 

187

Ponteceso

98

934

Antes

Torrado Ferreiro Clarisa

 

 

 

 

7,48

 

48,18

188

Ponteceso

98

933

Antes

García Lema Flora

 

 

 

 

7,57

 

49,75

190

Ponteceso

98

931

Antes

García Lema Flora

 

 

 

 

6,24

 

41,71

192

Ponteceso

98

929

Antes

Descoñecido

 

 

 

 

18,98

 

155,2

193

Ponteceso

98

928

Camposiña

Gómez Facal Manuel, hdros. de

 

 

 

 

11,96

 

73,6

Castro Lema Carmen, hdros. de

194

Ponteceso

98

927

Antes

Descoñecido

 

 

 

 

11,41

 

71,67

195

Ponteceso

98

855

Campos de Roncudo

Moreira Varela Teresa

 

 

 

 

5,54

 

34,79

196

Ponteceso

98

917

Agra de Arriba

Camiño Lema Manuel

 

 

 

 

1,94

 

12,05

197

Ponteceso

98

918

Agra de Arriba

Camiño Lema Matilde

 

 

 

 

2,89

 

18,1

200

Ponteceso

98

919

Campos

Lema Pose Serafín, hdros. de

 

 

 

 

3,72

 

23,38

201

Ponteceso

98

920

Campos

Gómez Puñal Andrea e outros

 

 

 

 

3,95

 

24,83

203

Ponteceso

98

922

Campos

Lema Camiño Eduardo José

 

 

 

 

3,16

 

20

204

Ponteceso

98

923

Campos

Doldán Varela Jesús

 

 

 

 

4,3

 

27,35

206

Ponteceso

98

323

Campos

Ferreiro Chans Manuel, hdros. de

 

 

 

 

13,25

 

82,79

222

Ponteceso

199

605

Agra do Curro

Lema Pose Serafín, hdros. de

 

 

 

12,53

6,96

 

23,21

224

Ponteceso

199

603

Agra do Curro

Lema Gómez Dolores

 

 

 

53,05

10,28

 

36,72

228

Ponteceso

199

522

Costa de Blanco

Lema Martínez Concepción

 

 

 

98,55

23,04

 

96,77

235

Ponteceso

199

614

Curro

Descoñecido

 

 

 

 

27,48

 

155,15

236

Ponteceso

199

518

Curro

Alvarellos Vilar Francisca

 

 

 

 

 

 

5,67

239

Ponteceso

199

515

Curro

Novo Méndez José

 

 

 

 

15,55

 

51,46

240

Ponteceso

199

514

Curro

Piñeiro Anido Manuel

 

 

 

 

13,2

 

45,4

241

Ponteceso

199

512

Curro

Cousillas Costa José Antonio

 

 

 

 

18,21

 

59,64

242

Ponteceso

199

511

Curro

Blanco Gómez Jesús

 

 

 

 

26,03

 

120,17

244

Ponteceso

199

509

Curro

Souto Chans Rosa

 

 

 

 

9,28

 

48,94

245

Ponteceso

199

508

Curro

Souto Chans Josefa

 

 

 

 

7,86

 

41,1

246

Ponteceso

199

507

Curro

Souto Chans Clara

 

 

 

 

8,45

 

42,44

247

Ponteceso

199

620

Curro

Souto Chans Clara

 

 

 

 

34,73

 

158,31

248

Ponteceso

199

430

Chousa dos Curros

Camiño Antelo Carmen

 

 

 

 

66,31

 

323,22

251

Ponteceso

199

631

Castelo

Gómez Jesús

 

 

 

 

20,39

 

75,86

252

Ponteceso

199

630

Castelo

Calvo Castro Manuel, Ouréns Calvo Jesús

 

 

 

 

15,09

 

59,17

Ouréns Calvo José M., Ouréns Calvo Josefa

Ouréns Calvo Julio, Ouréns Calvo Manuela

Ouréns Calvo Natalia, Ouréns Calvo Teresa

Ouréns Torrado Manuel V., Ouréns Varela Cesáreo

Ouréns Varela Serafín

253

Ponteceso

199

629

Castelo

Ouréns Doldán José María

 

 

 

 

17,13

 

73,25

254

Ponteceso

199

628

Castelo

Lema Pose Serafín, hdros. de

 

 

 

 

24,29

 

102

255

Ponteceso

199

480

Cairo

Ferreiro Cousillas Carmen

 

 

 

 

7,06

 

26,07

256

Ponteceso

199

621

Cairo

Descoñecido

 

 

 

 

6,73

 

27,17

257

Ponteceso

199

622

Cairo

Descoñecido

 

 

 

 

8,81

 

34,38

258

Ponteceso

199

623

Cairo

Descoñecido

 

 

 

 

7,92

 

33,97

259

Ponteceso

199

624

Cairo

Descoñecido

 

 

 

 

7,6

 

33,23

260

Ponteceso

199

625

Cairo

Descoñecido

 

 

 

 

9,05

 

36,95

261

Ponteceso

199

626

Cairo

Bernárdez Pastoriza Amelia

 

 

 

 

7,28

 

26

262

Ponteceso

199

627

Cairo

Bernárdez Pastoriza Josefa

 

 

 

 

9,35

 

29,01

263

Ponteceso

199

488

Cairo

Souto Pastoriza Dolores

 

 

 

 

2,33

 

8,41

266

Ponteceso

199

474

Cairo

Calvo Castro Manuel

 

 

 

 

7,01

 

24,9

Ouréns Calvo Jesús

Ouréns Calvo José María

Ouréns Calvo Josefa

Ouréns Calvo Julio

Ouréns Calvo Manuela

Ouréns Calvo Natalia

267

Ponteceso

199

473

Cairo

Mosquera San Millán Consuelo

 

 

 

 

7,15

 

25,14

268

Ponteceso

199

472

Cairo

Ramos Mosqueira Antonio

 

 

 

20,51

8,67

 

33,1

Ramos Mosqueira Aurelia

Ramos Mosqueira M. Jesús

Ramos Mosqueira Manuel

269

Ponteceso

199

471

Cairo

Chans Alejandrina

 

 

 

14,91

10,4

 

30,02

270

Ponteceso

199

470

Cairo

García Cousillas Elvira

 

 

 

39,29

8,58

 

23,9

272

Ponteceso

199

468

Cairo

Bernárdez Pose Estrella

 

 

 

114,83

12,59

 

35,62

274

Ponteceso

199

466

Cairo

Ouréns Torrado Vicente, hdros. de

 

 

 

119,26

14,86

 

43,12

275

Ponteceso

100

2408

Cairo

Piñeiro Mosquera Elvira

 

 

 

523,06

52,72

 

156,29

276

Ponteceso

100

986

Cairo

Piñeiro Mosquera Elvira

 

 

 

7,48

 

 

 

279

Ponteceso

100

1005

Cairo de

Arriba

Neira Barreiro José

 

 

 

102,34

10,07

 

23,42

280

Ponteceso

100

1006

Cairo de Arriba

Neira Barreiro Ramón

 

 

 

36,28

0,35

 

3,2

281

Ponteceso

100

1007

Cairo de Arriba

Neira Barreiro Dolores

 

 

 

59,51

 

 

0,16

282

Ponteceso

100

1008

Cairo de Arriba

Neira Barreiro Eliseo

 

 

 

46,58

 

 

 

284

Ponteceso

100

1010

Cairo de Arriba

Rúa Pastoriza Jesusa

 

 

 

 

1,33

 

14,13

286

Ponteceso

100

1055

Granxa

Fuentes Vidal José María

 

 

 

8,7

6,03

 

19,59

287

Ponteceso

100

2411

Granxa

Descoñecido

 

 

 

75,05

13,77

 

41,58

288

Ponteceso

100

2412

Granxa

Descoñecido

 

 

 

27,26

7,06

 

19,43

289

Ponteceso

100

2413

Granxa

Descoñecido

 

 

 

26,96

9

 

24,77

290

Ponteceso

100

1066

Granxa

Cambón Beres José

 

 

 

60,82

14,71

 

44,68

292

Ponteceso

100

1068

Granxa

Chans Blanco Leonarda

 

 

 

44,29

13,65

 

47,79

293

Ponteceso

100

1069

Granxa

Chans Ferreiro M. Jesús

 

 

 

32,56

9,94

 

34,79

295

Ponteceso

100

1071

Canleiro

Descoñecido

 

 

 

21,17

9,2

 

29,67

296

Ponteceso

100

1072

Canleiro

Descoñecido

 

 

 

35,11

9,23

 

25,34

298

Ponteceso

100

2415

Canleiro

Rey Ferreiro Jesús

 

 

 

25,97

5,9

 

16,23

299

Ponteceso

100

2416

Canleiro

Descoñecido

 

 

 

45,94

10,59

 

31,09

300

Ponteceso

100

2417

Canleiro

Souto Chans Manuel

 

 

 

21,82

5,78

 

17,44

301

Ponteceso

100

2418

Canleiro

Alfonso Cruz Benigno, hdros. de

 

 

 

19,48

7,94

 

24,3

Manuel Fco. Ferreiro Centeno

302

Ponteceso

100

2419

Canleiro

Figueroa Lista Andrés

 

 

 

5,04

13,13

 

39,71

303

Ponteceso

100

1122

Canleiro

Descoñecido

 

 

 

21,03

 

 

 

304

Ponteceso

100

1123

Canleiro

Souto Chans Manuel

 

 

 

9,88

 

 

 

305

Ponteceso

100

1124

Canleiro

Alfonso Cruz Benigno

 

 

 

15,21

 

 

 

Hdros. de Manuel Fco. Ferreiro Centeno

306

Ponteceso

100

1125

Canleiro

Figueroa Lista Andrés

 

 

 

22,19

 

 

 

Hdros. de Alejo Figueroa Soto

308

Ponteceso

100

2420

Bartola

Cousillas Varela María

 

 

 

40,5

 

 

 

309

Ponteceso

100

1346

Bartola

Cousillas Varela María

 

 

 

128,16

22,94

 

62,45

311

Ponteceso

100

1353

Agro das Moas

Saleta Josefa

 

 

 

32,29

13,43

 

44,85

312

Ponteceso

100

2427

Bartola

Neira Martínez Rosa

 

 

 

138,53

 

 

 

314

Ponteceso

100

1342

Bartola

Mosquera Fuentes Luis

 

 

 

210,01

95,23

 

257,01

316

Ponteceso

100

1340

Bartola

Bello Chaus Natalia

 

 

 

 

 

 

3,64

317

Ponteceso

100

1339

Bartola

García Canizas Generosa

 

 

 

109,34

41,79

 

108,2

318

Ponteceso

100

1336

Bartola

Cousillas Ferreiro Bautista

 

 

 

26,49

6,12

 

18,03

319

Ponteceso

100

1335

Bartola

Souto Cousillas Rosa

 

 

 

24,35

11,55

 

33,15

320

Ponteceso

100

1334

Bartola

Cousillas Rodríguez Francisco

 

 

 

25,4

9,12

 

24,48

321

Ponteceso

100

1333

Bartola

Cousillas Rodríguez Manuela

 

 

 

28,24

9,92

 

26,18

322

Ponteceso

100

1201

A de Ignacio

Ramos Mosqueira Antonio

 

 

 

215,82

 

 

 

Ramos Mosqueira Aurelia

Ramos Mosqueira M. Jesús

Ramos Mosqueira Manuel

323

Ponteceso

100

1320

Rociñas

Piñeiro Anido Eulogia

 

 

 

132,02

 

 

 

324

Ponteceso

100

1319

Rociñas

Camiño Ouréns Peregrino

 

 

 

23,74

 

 

 

327

Ponteceso

100

1317

Rociñas

Cousillas Pailos José María

 

 

 

8,8

 

 

 

328

Ponteceso

100

1318

Rociñas

Facal Jesús

 

 

 

182,07

8,87

 

22,4

329

Ponteceso

100

1303

Rociñas

Neira Cousillas Antonia

 

 

 

192,84

14,88

 

41,35

331

Ponteceso

100

1304

Rociñas

Figueroa Pombo Andrés

 

 

 

110,65

35,19

 

101,47

332

Ponteceso

100

1683

Brañas

Josefa Figueiras García

 

 

 

180,52

 

 

 

333

Ponteceso

100

1682

Brañas

Collazo Correa Lucinda

 

 

 

124,15

46,59

 

133

336

Ponteceso

100

1664

Brañas

Cousillas Collazo Ramón

 

 

 

 

10,78

 

23,03

337

Ponteceso

100

1665

Brañas

Cousillas Collazo Manuela

 

 

 

2,78

8,46

 

23,46

338

Ponteceso

100

1666

Brañas

Cousillas Collazo Elvira

 

 

 

6,22

10,66

 

29,49

339

Ponteceso

100

1667

Brañas

Collazo Correa Lucinda

 

 

 

17,56

48,62

 

134,44

340

Ponteceso

100

1714

Brañas

Costa Suárez Josefa

 

 

 

60,56

5,51

 

20,65

341

Ponteceso

100

1715

Brañas

Suárez Varela Teresa

 

 

 

72,98

8,4

 

31,5

342

Ponteceso

100

1716

Brañas

Varela Centeno Josefa

 

 

 

8,66

6

 

22

344

Ponteceso

100

1841

Tercios

Irmans Gómez Collazo

 

 

 

 

 

14,59

 

345

Ponteceso

100

1842

Tercios

Filomena Facal García

 

 

 

 

 

72,18

 

347

Ponteceso

100

1844

Tercios

Cousillas García Andrés

 

 

 

 

 

134,05

 

348

Ponteceso

100

1867

Tercios

Rodríguez Candelaria

 

 

 

 

 

4,44

 

349

Ponteceso

100

1955

Tercios

Souto Chans Josefa

 

215,29

 

 

 

735,2

 

350

Ponteceso

100

1956

Tercios

Souto Chans Rosa

345,64

377,69

 

 

 

459,06

 

351

Ponteceso

100

1957

Tercios

Souto Chans Clara

0,72

303,86

 

 

 

793,15

 

352

Ponteceso

100

1952

Tercios

Castro Lema Patricio

 

 

 

 

 

1.265,7

 

353

Ponteceso

100

1951

Tercios

Saleta Doldán José María

 

 

 

 

 

207,89

 

354

Ponteceso

100

1950

Tercios

Descoñecido

 

 

 

 

 

14,93

 

355

Ponteceso

100

1965

Chousas Novas

Descoñecido

 

 

 

 

 

275,56

 

356

Ponteceso

100

1964

Chousas Novas

Pasandín Torrado Josefa

 

1,98

 

 

 

178,24

 

358

Ponteceso

100

1962

Chousas Novas

Pasandín Souto Ramón

 

65,27

 

 

 

99,53

 

359

Ponteceso

100

1961

Chousas Novas

Pasandín Torrado Carmen

 

41,19

 

 

 

178,44

 

360

Ponteceso

100

1960

Chousas Novas

Pasandín Torrado Joaquín

 

 

 

 

 

27,13

 

361

Ponteceso

100

1959

Chousas Novas

Hdros. de Manuel Pasandín Souto

 

 

 

 

40,28

 

95,05

363

Ponteceso

100

1966

Chousas Novas

Gajino Cousillas Magdalena

 

 

 

 

21,32

 

127,59

365

Ponteceso

100

2037

Lagoas

Ramos Mosqueira Antonio

 

 

 

902,24

87,26

 

249,88

Ramos Mosqueira Aurelia

Ramos Mosqueira M. Jesús

Ramos Mosqueira Manuel

366

Ponteceso

100

2036

Lagoas

Pombo Ponte M. Jesús

 

 

 

91,04

7,98

 

18,05

367

Ponteceso

100

2035

Lagoas

Varela Pombo Segunda

 

 

 

63,33

5,5

 

12,42

368

Ponteceso

100

2034

Lagoas

Varela Centeno Josefa

 

 

 

72,83

5,99

 

13,53

369

Ponteceso

100

2033

Lagoas

Hdros. de Manuel Rey Ferreiro

 

 

 

93,21

7,53

143,89

3,6

370

Ponteceso

100

2032

Lagoas

Pombo Ponte M. Jesús

 

 

 

91

7,2

340,68

 

371

Ponteceso

100

2031

Lagoas

Ramos Mosqueira Antonio

 

 

 

93,86

7,32

445,84

 

Ramos Mosqueira Aurelia

Ramos Mosqueira M. Jesús

Ramos Mosqueira Manuel

373

Ponteceso

100

2029

Lagoas

Ramos Mosqueira Antonio

 

181,77

 

146,61

13,3

1.665,91

 

Ramos Mosqueira Aurelia

Ramos Mosqueira M. Jesús

Ramos Mosqueira Manuel

374

Ponteceso

100

2027

Lagoas

Cousillas Rodríguez Francisco

 

 

 

 

 

998,19

 

375

Ponteceso

100

2026

Lagoas

Irmans Gómez Collazo

283

202,61

 

 

 

127,75

 

377

Ponteceso

100

2009

Lagoas

Saleta Doldán José María

 

 

 

 

 

26,51

 

378

Ponteceso

100

2010

Lagoas

Saleta Doldán Manuel

 

 

 

 

 

46,41

 

379

Ponteceso

100

2011

Lagoas

Pombo Chans Joaquín

 

 

 

 

 

44,34

 

380

Ponteceso

100

2024

Lagoas

Varela Pombo Segunda

5,09

336,89

 

 

 

92,21

 

381

Ponteceso

100

2023

Lagoas

Varela Centeno Josefa

58,26

83,03

 

 

 

191,88

 

382

Ponteceso

100

2061

Lagoas

Descoñecido

 

 

 

 

 

432,39

 

384

Ponteceso

100

2012

Lagoas

Chans Fuentes María

 

15,72

 

 

 

43,46

 

385

Ponteceso

100

2013

Lagoas

García Figueroa Francisco

 

70,65

 

 

 

1,66

 

388

Ponteceso

100

2016

Lagoas

Santos Álvarez Alejo

 

121,84

 

46,93

1,02

 

2,67

389

Ponteceso

100

2021

Lagoas

Descoñecido

 

586,16

 

 

 

302,5

 

390

Ponteceso

100

2020

Lagoas

Suárez Varela Aurelio

 

118,06

 

 

7,88

514,58

9,14

391

Ponteceso

100

2019

Lagoas

Suárez Varela Teresa

 

19,04

 

 

10,68

217,42

29,34

392

Ponteceso

100

2062

Lagoas

Sánchez Souto Blandina

 

 

 

 

 

34,2

 

Gómez Gómez Manuela, M. Cruz e Raquel

Gómez Sánchez José Luis e Álvaro

395

Ponteceso

100

2071

Lagoas

Suárez Pailos Casilda

 

 

 

290,92

21,13

 

156,25

396

Ponteceso

100

2127

Lagoas

Suárez Varela Jesús

 

 

 

34,43

 

 

 

397

Ponteceso

100

2126

Lagoas

Suárez Varela Aurelio

 

 

 

76,13

 

 

 

399

Ponteceso

100

2073

Lagoas

Castro Regueira Josefa

 

 

 

54,34

7,14

 

16,03

401

Ponteceso

100

2075

Lagoas

Ouréns Torrado Teresa

 

 

 

45,83

7

 

15,71

406

Ponteceso

100

2121

Lagoas

Suárez Pailos Casilda

 

58,21

 

20,83

 

 

 

407

Ponteceso

100

2118

Lagoas

José Neira

 

209,21

 

 

 

 

 

408

Ponteceso

100

2116

Lagoas

Chans Neira Josefa

 

331,96

 

 

 

 

 

409

Ponteceso

100

2113

Lagoas

Sánchez Souto Blandina

51,86

1.459,94

 

 

 

122,5

 

Gómez Gómez Manuela, María Cruz e Raquel

Gómez Sánchez José Luis e Álvaro

410

Ponteceso

100

2112

Lagoas

Vidal Torrado Adelaida

56,28

156,49

 

 

 

87,35

 

412

Ponteceso

100

2110

Lagoas

Cousillas Pailos José María

 

467,35

 

 

 

382,14

 

413

Ponteceso

100

2109

Lagoas

Sánchez Souto Blandina

 

20,04

 

 

 

391,58

 

Gómez Gómez Manuela, M.Cruz e Raquel

Gómez Sánchez José Luis e Álvaro

414

Ponteceso

100

2108

Lagoas

Santos Alvarez Alejo

 

 

 

 

 

559,89

 

417

Ponteceso

100

2105

Lagoas

Centeno García Rosa

 

 

 

 

 

93,42

 

419

Ponteceso

100

2117

Lagoas

Neira Figueroa Dolores e

 

321,98

 

 

 

 

 

Figueroa Neira José

420

Ponteceso

100

2115

Lagoas

Vidal Torrado Adelaida

 

156,94

 

 

 

 

 

422

Ponteceso

100

2119

Lagoas

Suárez Pailos Casilda

 

66,14

 

 

 

309,39

 

426

Ponteceso

100

2148

A de Mourín

Varela Lema José

 

 

 

 

 

77,5

 

427

Ponteceso

100

2122

Lagoas

Hermanos Gómez Collazo

 

78,56

 

 

 

540,82

 

428

Ponteceso

100

2123

Lagoas

Ramón Pasandín Souto

 

 

 

 

 

564,5

 

475

Ponteceso

96

641

Cacharras

Villanueva Martelo Cecilia

 

 

 

277,54

 

 

 

Andrade Villanueva Lucinda

Andrade Villanueva Carmen

486

Ponteceso

96

9575

Ponteceso

Consellería de Medio Ambiente e

Ordenación do Territorio

 

 

 

638,25

 

 

 

489

Ponteceso

96

610-b

Romeán

Baneira Varela, Manuel

368,67

494

Ponteceso

97

352a

Mato Crego

Descoñecido

 

462,42

 

 

 

 

 

509

Ponteceso

97

352-a

Mato Crego

Descoñecido

 

 

 

106,8

 

199,85

 

510

Ponteceso

97

352-b

Mato Crego

Descoñecido

 

 

 

273,75

 

1.601,32

 

511

Ponteceso

98

369

Alve

Lema Gómez Josefa

 

 

 

45,45

 

 

 

512

Ponteceso

98

842

Milleira de

Fontenla

Hdros. de Ouréns Varela, Concepción

45,78

521

Ponteceso

98

156-A

Casás

Méndez Chans, Carmen

718,87

1.002,75

522

Ponteceso

98

156-B

Casás

Méndez Chans, Carmen

237,06

147,42

523

Ponteceso

98

156-C

Casás

Méndez Chans, Carmen

1,72

352,36

524

Ponteceso

98

968-B

Campos

Hdros. de Castro Lema, María e

hdros. de Gómez Facal, Manuel

10,64

525

Ponteceso

100

1062

Granxa

Descoñecido

 

 

 

42,6

 

 

 

526

Ponteceso

100

1063

Granxa

Descoñecido

 

 

 

18,98

 

 

 

527

Ponteceso

100

1064

Granxa

Descoñecido

 

 

 

16,75

 

 

 

528

Ponteceso

100

1065

Granxa

Fuentes Vidal Manuel

 

 

 

65,46

 

 

 

530

Ponteceso

100

1074

Canleiro

Filgueira Torrado Ramón

 

 

 

59,62

 

 

 

531

Ponteceso

100

1075

Canleiro

Figueroa Pombo Cándida

 

 

 

36,03

 

 

 

532

Ponteceso

100

1121

Canleiro

Rey Ferreiro Jesús

 

 

 

14,82

 

 

 

533

Ponteceso

100

1668

Brañas

Descoñecido

 

 

 

 

 

 

0,544

554

Ponteceso

199

636

Cairo

Ramos Mosqueira María Jesús

 

 

 

23,42

 

 

 

Hdros. de Ramos Mosqueira Aurelia e hdros. de Ramos Mosqueira Antonio