Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 24 de xuño de 2020 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario e prórroga, da concesión outorgada a Nauta Sanxenxo, S.L. para a construción e explotación dun porto deportivo no porto de Sanxenxo.

Logo de solicitude de Nauta Sanxenxo, S.L., a presidenta de Portos de Galicia acordou, o día 22 de xuño de 2020, iniciar o trámite de modificación da concesión, por ampliación de prazo extraordinario e prórroga, da concesión outorgada a Nauta Sanxenxo, S.L. para a construción e explotación dun porto deportivo no porto de Sanxenxo.

Para poder xustificar a ampliación de prazo extraordinario segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 6/2017, o concesionario acreditou a execución dunha serie de investimentos que ascenden a un total de 494.855,69 € (IVE excluído), desagregando este investimento en dúas actuacións definidas na documentación técnica achegada á solicitude.

Para poder xustificar a prórroga do prazo da concesión segundo o disposto na disposición transitoria primeira e no artigo 67.2 da Lei 6/2017, o concesionario propón realizar unha serie de investimentos que ascenden a un total de 863.719,33 € (IVE excluído), desagregando este investimento en catro actuacións definidas na documentación técnica achegada á solicitude.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia