Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de xuño de 2020 polo que se notifica o levantamento das actas previas á ocupación e de ocupación definitiva dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con (clave OH.136.1115).

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento das actas previas á ocupación e de ocupación definitiva dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con (clave OH.136.1115).

Ao acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por unha persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome; non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial ou consular), xa sexa xeral ou particular para este caso.

A persoas titulares dos bens ou os seus representantes deberán achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, último recibo de pagamento do imposto sobre bens inmobles e certificado de conta bancaria con código IBAN.

A documentación relativa a este procedemento poderá ser consultada no Concello de Soutomaior (rúa Alexandre Bóveda, 8) e no Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), nas oficinas en Vigo do Servizo Territorial de Augas de Galicia da Zona Hidrográfica de Galicia-Sur (rúa San Salvador, nº 2, 4º, 36204 Vigo), así como nos servizos centrais de Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9).

Para calquera consulta relacionada co procedemento, as persoas afectadas poden contactar co teléfono 981 54 47 94.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Titular

Concello

Lugar

Día

Hora

7

36053A016000280000XW

Herdeiros de José Manuel Cerviño Solla

Soutomaior

Centro Multiúsos de Arcade

20.7.2020

9.30

10

36060A021000880000GL

María Rial Silva

Vilagarcía de Arousa

Salón de Plenos do Concello de Vilagarcía de Arousa

23.7.2020

9.30

12

36060A021000920000GT

Alejandrina Lorenzo

Vilagarcía de Arousa

Salón de Plenos do Concello de Vilagarcía de Arousa

23.7.2020

9.30